Victoria Quiroga Veiga


Victoria Quiroga Veiga

Se presenta a:

Círculo que avala su candidatura:

Secretaria Xeral Galicia

Biografía

Nacín na Coruña nunha familia de catro irmáns/ás, un deles desaparecido en 1973 xunto a dous amigos, vítimas de ETA, o que marcou á miña familia.
Con Bacharelato Superior e estudos de Secretaria de Dirección, de seguido púxenme a traballar como administrativa, durante máis de corenta anos.
Casei e tiven dous fillos homes, que naceron na “Transición” – comezos da “Democracia”.
Con toda a miña vida ocupada como muller, dentro e fóra da casa, durante anos non fun consciente da opresión machista. Estaba moi interiorizada. Mais, preocupábanme os temas sociais e todo o relacionado cos dereitos humanos.
Unha vez que os meus fillos foron maiores, xa separada, fíxenme socia de ATTAC España, descubrira como o Neoliberalismo engulía a democracia.
O Nunca Máis, o Non á guerra, o 15 M e moitas manifestacións … Foron xa os maiores intereses, e, cando xurdiu Podemos coa Iniciativa “Mover ficha”, acheguei a miña firma á petición das 50.000 para que Pablo Iglesias liderase o Proxecto.
Aínda estaba a traballar e participei canto puiden no Círculo da Coruña que crecía moitísimo, coa colaboración da xente, de todas as idades. Co meu fillo maior, no paro nese intre, fixemos pulo.
Leturas, faladoiros, vídeos sobre Feminismo … O descubrimento de algo latente na miña forma de ser, un punto de inflexión. Creo que sen feminismo non hai democracia e, ademais, só a partir do feminismo poderemos repensar unha vida digna para as persoas e o planeta.


Propuesta de actuación

Manter contacto cotiá ca xente das bases nos distintos Círculos e estar a ser conciliadora é o esencial para os fitos que esté a sinalar a política do proxecto de P.G.