Víctor Manuel Fernández González


Víctor Manuel Fernández González

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Chantadino de nacemento, vivín longas tempadas en Santiago e Ourense. Marido e pai. Militante activo do Círculo Podemos Chantada onde colaboro, sobre todo, no mantemento das redes sociais.


Motivación

Podería dar moitas razóns que me levan a dar este paso, pero as fundamentais son dúas:

A primeira, coa que seguro coincidirei con todas as miñas compañeiras, é a de botar unha man no rescate do noso país e sacalo do pozo onde o meteron anos de malas practicas políticas e pasividade dos seus gobernantes. A segunda, pero non menos importante, colaborar na construción e o asentamento dun Podemos rural forte. É imprescindible e urxente tomar medidas para evitar o envellecemento, o esquecemento e o abandono da nosa Galicia rural.