Verónica Hermida Longa


Verónica Hermida Longa

Lista

Máis Podemos

Biografía

Nada en Carril en 1976. Poeta e feminista. Participo no círculo Podemos Vilagarcía case dende os seus primeiros pasos. Formo parte da asociación feminista O Soño de Lilith e son das persoas que impulsou o espazo de unidade Marea da Vila. Obsesionada coa palabra, con que existe unha maneira xusta para nomear cada cousa, publiquei os libros de poemas “Pequeña oportunidad de arder” e “Formas de decir lluvia”.


Motivación

Vexo na III Asamblea Cidadá Galega a oportunidade de cumprir o mandato de unidade de Vista Alegre II. Podemos Galicia necesita ampliar a súa base social, pero iso só poderemos acadalo dende unha organización cohesionada, na que os círculos supoñan o maior capital político de Podemos Galicia, e sexan os vasos comunicantes co activismo e a maioría social cuxos intereses queremos defender. Por un Podemos Galicia cun liderado feminista e colectivo. O espazo do cambio en Galicia precisa dun Podemos forte o unido. Podemos demostrou a súa xenerosidade durante estes últimos anos, pero agora precisa seguir crecendo. Polo o orgullo e a alegría de ser de Podemos. Para que o sorriso sexa a nosa mellor ferramenta política. “Sonreid, que sí se puede”