Vanessa Vidal Freire


Vanessa Vidal Freire

Lista

FUTURO CON GARANTÍAS

Biografía

Son de Ames, nacín o 13 de agosto de 1985 en Santiago de Compostela. Son Licenciada en Dereito pola USC. A miña vida profesional está relacionada co ámbito legal e administrativo. No tocante á política, a miña vinculación con Podemos xurdiu fai máis de tres anos cando entrei en contacto co Círculo Podemos Ames e coa agrupación veciñal Contigo Pódese e, dende ese momento, non deixei de participar en diversas iniciativas municipais e tamén autonómicas, en grupos de traballo en Podemos Galicia e, no ámbito institucional, con parlamentarios autonómicos.


Motivación

Na actualidade, desexo participar neste proceso e formar parte desta equipa porque coñezo á xente que a integra e a ilusión que teñen por facer un Podemos Galicia forte que sexa quen de facer fronte aos retos que temos por diante no noso país