Silvia Otero Castro


Silvia Otero Castro

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín en Xinzo de Limia o 19 de maio de 1987. Estudos ata bacharelato en Ourense en 2007. Nese mesmo ano decido probar sorte laboral en Barcelona, onde vivín durante nove anos. Recentemente decido volver a Ourense onde retomo os meus estudos e dedícome á crianza do meu fillo.


Motivación

A miña motivación son os galegos, os mesmos que parodian a política nas rúas, os que se resignan con frases "é o que hai", os que se enfadan e incluso choran porque lles tocou a eles, os que están fora da súa terra acompañados sempre dunha eterna morriña....

Vivir fora de Galicia durante uns anos deume unha perspectiva diferente e estou segura de que unha visión máis real da necesidade de cambio na política galega.