Sigrid Campo Regueiro


Sigrid Campo Regueiro

Lista

Máis Podemos

Biografía

Nacín en Ourense, crecín en Lugo e agora estou afincada en Compostela polo meu traballo. Feminista dende sempre. Participei en Podemos dende o seu comezo xa hai case 5 anos, dende o círculo de Lugo.


Motivación

Levo en Podemos dende o comezo e sempre apostei pola unidade popular como o mecanismo para mudar a sociedade galega e acadar o cambio que precisamos.

Nestes anos teño aprendido moito, dos erros e dos acertos colectivos.

Pero sigo convencida de que Podemos segue a ser unha ferramenta útil para conseguir facer as políticas que as maiorías precisamos, e só cun espazo que recupere os debates e asembleas do principio, pero que tamén este en constante vínculo co afora, pulando pola unidade popular, o poderemos acadar.

Precisamos un Podemos forte e unido que recupere a todas as que faltan!