Sergio Míguez Bello


Sergio Míguez Bello

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín en Vigo o 4 de marzo de 1989, como gran parte dos vigueses teño pais Ourensáns, polo tanto crieime entre Vigo, onde vivín sempre, e O Ribeiro, de onde son meus pais, polo que coñezo ben tanto a cidade como o rural ourensán de onde procedo. Fun deportista toda a miña vida, dende pequeno onde practiquei diversos deportes, ata que fixen do ciclismo a miña paixón, deporte no que competín durante 13 anos colleitando algúns éxitos: 2 veces campión de Galicia, podios en voltas por etapas, medalla de bronce no campionato España de ruta en 2015 e posicións destacadas na Copa de España e na clasificación nacional do 2014. Teño estudos de enxeñaría de Telecomunicacións, carreira aínda por rematar. Dende hai ano e medio estou opositando para pertencer ó corpo público de Bombeiros de Vigo. Traballo tamén de xornaleiro nas vendimas cando é a época.


Motivación

Dende que naceu Podemos xurdiu en min a esperanza dun cambio na política, un partido no que me sentía representado e que me animou a involucrarme en facer política para que outros non a fixeran por min. Síntome totalmente identificado nos seus valores da política como servizo público e non como medio para enriquecerse durante toda a vida. Quero ser partícipe deste proceso de cambio aportando os meus coñecementos: Mundo rural, deporte, o cal considero fundamental fomentar para ter unha sociedade máis activa, máis saudable e máis feliz; loita contra a lacra dos incendios que tanto castiga a nosa terra ano tras ano e tamén os meus coñecementos sobre política que fun adquirindo nestes case 3 anos de militancia activa, nos círculos e nos espazos xuvenís de Podemos (Círculo Mocidade de Vigo, Xeración Morada e Juventud Morada). Defendo un Podemos forte, autónomo, unido e con identidade propia, creo que iso é fundamental para conseguir o cambio que a nosa sociedade necesita.