Sara Curto Domeque


Sara Curto Domeque

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Meu nome é Sara Curto Domeque e nacín o 12 de agosto do 1991 en Vigo. No ámbito académico, formeime en Xeografía e Planificación Territorial na USC, e como estudos complementarios a esta titulación, realicei o máster en Formación do Profesorado. Ademais, no 2014 comecei a carreira de psicoloxía na UNED. Sempre traballei con nenas como profesora, ou monitora de lecer e tempo libre. Actualmente, estou opositando para psicóloga educativa.

Na esfera social, realicen diferentes actividades voluntarias nas asociacións: Manos Social, Cáritas e Servicio Internacional, e participo activamente en colectivos feministas como Pan e Rosas ou o Círculo de Feminismos Podemos Galicia.

@scurto3


Motivación

A miña motivación debese a que o persoal é político. Estou cansa de saír a rúa e ver unha realidade chea de inxustizas. É necesario un cambio político que teña unha conciencia ecolóxica e feminista, que prime os intereses sociais sobre os individuais, e que faga políticas públicas que axuden a reducir as desigualdades.. E todo isto só pode vir da man dun proxecto gañador como o do Carolina Bescansa. Para que o cambio en Galicia estea liderado por unha muller que poida mudar a sociedade a través das súas lentes moradas. A revolución será verde e morada.