Sandra Armesto Baztán


Sandra Armesto Baztán

Lista

Máis Podemos

Biografía

Doutora en Bioloxía pola Universidade de Vigo [título comprobable e a tese pódese consultar na biblioteca do campus de Ourense :-) ].

Vinculada dende a facultade ao movemento ecoloxista (fun militante nos grupos Lupus e O Brote).

Militante activa do Círculo Podemos Ourense, traballando na área de Igualdade e Feminismo e no equipo de Participación/Acción.


Motivación

O CPO é un exemplo no que conviven distintas sensibilidades que se poñen de acordo e traballan xuntas en moi diversas actividades. Penso que desta maneira conseguiremos un Podemos forte e unido, conseguiremos que Podemos volva a Galicia. Ese Podemos no que os diversos puntos de vista nos fagan mais fortes e non nos dividan.

Porque temos que loitar para que os pasos dados polas nosas antergas non se perdan, e para axudar no camiño as nosas compañeiras presentes e futuras.