Rubén Iglesias Rodríguez


Rubén Iglesias Rodríguez

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín en Viveiro o 1 de outubro de 1985. Levo vivindo en Viveiro toda a miña vida, agás uns anos de traballo por Galicia. Teño un ciclo Superior de Informática e outro de Electricidade. Actualmente traballo en VESTAS, unha empresa que se dedica a fabricación de eólicos. Traballo en produción como electromecánico.

Levo no círculo de Viveiro case dende o principio e como membro do mesmo participei na Plataforma Sanitaria de A Mariña, para defender a Área Sanitaria de A Mariña.


Motivación

Motívame a situación que atravesan tanto Galicia como o Estado no seu conxunto; as políticas do PP están acabando coa sanidade pública, a educación e o coidado dos maiores a través dunha lei de dependencia totalmente desprovista de axudas. Non podemos esquecer a falta de xeración de tecido industrial, potenciando os existentes e modernizando a rede de produción de enerxía eólica. Galicia é unha comunidade con múltiples recursos naturais e debemos potencialos, axudando e orientando aos promotores (sexan estes grandes ou pequenos) e xerar liñas produtivas que permitan a incorporación ao mercado laboral aos nosos mozos mozas; debemos recuperar o público e potencialo, non se pode permitir que se sigan dilapidando as riquezas que xera a cidadanía cos seus impostos e contribucións.