Rogelio Santos Queiruga


Rogelio Santos Queiruga

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín en Santiago de Compostela un 14 de abril de fai 41 anos. Crieime nunha parroquia do municipio de Porto do Son, Queiruga, entre mariñeiros e labregos, unha orixe humilde da que me sinto moi orgulloso, porque a xente que traballa constrúe os seus soños e o seu país cas súas propias mans, sen deberlle nada a ninguén pero aportando moito para o de todos. Estudei a EXB e despois duns anos axudando na casa e coidando de miña avoa tras o falecemento de meu pai nun accidente no mar, empecei a traballar de mariñeiro, ata o día de hoxe, sempre en baixura. Neses anos formeime como Patrón de Pesca e máis tarde, mentres traballaba, o título de ESO no instituto de Coroso. Encántame a natureza, o ecoloxismo, a horta, as redes sociais, o cine de terror e aventuras e a música folk galega, Mecano e Amaral.

O primeiro partido no que militei foi Podemos, aínda que sempre me sentira algo identificado co BNG primeiro e o PSOE, a IU de Anguita e posteriormente AGE.

Formei parte do anterior Consello Cidadán de Podemos, onde levei temas de mar, municipalismo e botaba unha man en todo aquelo que me pedían axuda, podía e sabía.


Motivación

Creo que ao longo das décadas os cambios positivos na sociedade producíronse gracias aos desexos e sentires populares maioritarios, pero ás veces "empúrrasenos" nunhas ou noutras direccións ata sen darnos conta, e moitas veces sen ser polo noso ben. Por iso creo que aínda hai moito polo que loitar, e moito no que implicarse, como fixeron outros antes que nós para promover ideas na defensa dunhas condicións de vida mellores para todos, maior benestar, maior coidado do noso planeta, menor corrupción política, máis dignidade para os nosos maiores que traballaron tanto, máis oportunidades para a xuventude… unha Galicia que ocupe o seu lugar no noso país, en Europa e no mundo. Unha Galicia aberta e de xente aberta, que non teña que marchar sen querer e á que podan volver todos os que botan de menos á terra e á súa xente.