Renato Domínguez Presa


Renato Domínguez Presa

Lista

Candidaturas independientes

Biografía

Fillo e neto de emigrantes galeg@s, nacín no ano 78 no Brasil (Rio de Janeiro). Sendo aínda un cativo, emigro coa miña familia que retorna á súa terra, Galicia, no ano 1988. Dende entón vivo en Vigo e arredores.

Son titulado en enxeñería de telecomunicación (Universidade de Vigo), máis nunca traballei de enxeñeiro, por unha simple e firme convicción de que existen outros camiños a ser explorados...

...hoxe en día, traballo dando clases de Ioga, facendo obradoiros de formación de matemática activa, risoterapia, meditación ou plantas silvestres comestibles (entre outros), cuidando dunha horta, e de vez en cando, facendo malabares nalgúns semáforos da cidade olívica, e debuxándome como pallaso... é que aínda non vos dixera que tamén son pallaso? :+)

Sempre quixen un mundo mellor, e aínda que fai tempo que sei que é o único camiño posible, agora dispoño de certa claridade e calma para compartilos con tod@s as que estexan dispostas a cambiar.

Pois eu tamén seguirei facendo, o cambio en min mesmo. Para conseguilo, sigo estudiando e formándome, procurando ampliar a miña visión da Vida, para que quepan moit@s máis... e comprométome a non parar ata que estexamos tod@s.

E así, ata onde me leve o destino, seguirei camiñando.

Tan só espero que, alomenos no corazón, nos acompañemos.

http://www.facebook.com/rena.renato.3


Motivación

A miña principal motivación, tanto de presentarme ao CCA como de meterme en política, é achegar o mundo da consciencia a máis persoas, falando así da felicidade e do sufrimento que tod@s sentimos.

Consciencia que é precisa nestes tempos de cambio e transformación, en moitos ámbitos: #ConscienciaEcolóxica, #ConscienciaSocial, #ConscienciaPolítica, #ConscienciaDaPropiaConsciencia, #ConscienciaDeNósMesm@s... todo xurde dende unha idea que é nomeada, planificada, e levada á práctica.

Preséntome como independente para o CCA de Podemos-Galiza, pois considero que podo ser de grande axuda para o equipo elexido e para o proxecto en conxunto. Aquí algunhas das cousas que me caracterizan:

- Podo traballar con calquera persoa, con calquera equipo, deixando facilmente atrás os prexuizos.

- Son unha persoa creativa e inventiva, cousa que é ben precisa, tamén para agrupacións políticas.

- Dispoño de certo grado de calma e tranquilidade que poderei compartir cando así o requira a situación.

- A positividade é outra das miñas características; adecuada para resolver calquera conflicto.

- Capacidade de escoitar, ademáis das palabras e as ideas, as emocións que emerxen con elas.

Como vedes, gústame a Sabiduría; seguireina aplicando e seguirei aprendendo... e compartíndoa con moit@s de vós!

Espero que me vexades como unha oportunidade para PG, e para podermos facer unha "nova política".

Farei o posible para que poidamos crecer en persoas, ilusión, sorrisos e votos

#VotaRenato! :D