Ramón Ruymán Núñez Infante


Ramón Ruymán Núñez Infante

Lista

Máis Podemos

Biografía

Nacín en Santa Cruz de Tenerife, onde realicie estudos de Dereito. Emigrei a Galicia hai máis de dez anos. Vivín prácticamente en todas as capitais galegas onde me sentín acollido por un pobo que sabe de primeira man o que é a migración.

Dende o primeiro día que cheguei a Podemos Ourense, non dubidei en implicarme, xunto ás miñas compañeiras, en todas as iniciativas e actividades, en asumir responsabilidades e achegar o meu empeño para consolidar este proxecto.


Motivación

É o momento de recuperar Podemos Galicia, é o momento de recuperar aos centos de compañeiras que abandonaron o proxecto cansos de ver como as súas ilusións quedaban destruídas por anos de inoperancia política. É o momento de traballar unidas, de tender a man, de mirar ao futuro con alegría, co obxectivo de facer que Podemos Galicia sexa o motor do cambio que ha de chegar á sociedade galega. As nosas compañeiras o merecen, a xente o merece., espérannos con ganas de sumar para gañar, de construír para liderar, de ser exemplo de transparencia e ética. Necesitámonos todas, en Podemos non sobra ninguén, pero faltan moitas por chegar. Temos que volver falar de proxecto, de traballo, de política, de loitar pola igualdade, de acabar coa inxustiza social. E en Ourense chegou o momento de dicirlle ao Partido Popular que o seu tempo chega ao seu fin. Por todo iso, mais Podemos!