Raimundo Viejo Viñas


Raimundo Viejo Viñas

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nado en Vigo en 1969, licencieime en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago con grao na especialidade de Historia Contemporánea. Doutoreime en Ciencia Política e da Administración no 2002. Fun profesor en distintas universidades europeas e norteamericanas. Son especialista en nacionalismos, movementos sociais, transicións e teoría política. Activista, dende moi cedo, participei e organicei numerosos colectivos, proxectos e plataformas. Dende 2011 integro o proxecto cultural, Artefakte. Froito da miña traxectoria asinei os manifestos Mover Ficha que lanzou Podemos e Guanyem Barcelona que creou a confluencia municipalista Barcelona en Comú. De resultas de todo isto fun concelleiro de Educación e Universidades en Barcelona e Deputado no Congreso nas dúas derradeiras lexislaturas.


Motivación

Dende que asinei o manifesto Mover Ficha que servirá para fundar Podemos, participei en primeira liña no proxecto, nos seus órganos de dirección, como cargo institucional e participando en mil actividades a todos os niveis. A ritmo frenético conseguimos en moi pouco tempo logros extraordinarios. Pero tamén cometemos erros dos que fixemos e temos que facer autocrítica.

Hoxe o impulso inicial que nos fixo irromper no mapa político arríscase a esmorecer e require de novos folgos, ilusións e equipas que entendan a envergadura dos desafíos que temos por diante e como afrontalos. Dende a miña experiencia profesional, intelectual e política; mais tamén dende a miña experiencia vital e emocional como galego do exterior que viviu en Suíza e mora entre Madrid e Barcelona, estou encantado de poder participar na equipa que acompaña à candidatura de Carolina Bescansa dando voz as galegas e galegos do exterior.

Estou absolutamente convencido de que Carolina Bescansa é a persoa que reúne as características que precisa o país para facer con Feijóo o que xa fixemos no Congreso con Rajoy. Polo seu peso, polo que significa para o proxecto dende os inicios, pola súa alta competencia profesional e política. As galegas e galegos, non podemos quedar atrás en facer fora a dereita do poder. Foi un proceso cidadán o que botou a Fraga do poder e terá que ser unha forza nada das rúas a que o fagamos con Feijóo. Pódese e sabemos que con Carolina Bescansa vai ser posible