Paloma Manzano González


Paloma Manzano González

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín en Cuenca (1977). Por circunstancias da vida vivo en Ourense dende o 2001. Son diplomada en Maxisterio en Educación Infantil. Funcionaria de carreira dende o 2002. Actualmente son mestra no rural da provincia de Ourense.

Participo no Círculo de Podemos Ourense dende o 2014. Tamén no Círculo Estatal e Autonómico de Educación e en plataformas como “Marea Verde do Ensino” ou “Mareas por la Pública”.

@Pombinhacuen (Twitter)

Pombiña Cuen (Facebook)


Motivación

Dende o 2015 dinme conta de que non chegaba con votar, era moi importante involucrarse e comprometerse na política, e aquí estou, disposta a aportar o meu gran de area no Consello Cidadán Autonómico.

Comprometida cun dos grandes pilares da sociedade: O Ensino Público. Espero poder aportar a miña experiencia e os meus coñecementos nesta área.