Oscar González Álvarez


Oscar González Álvarez

Lista

Máis Podemos

Biografía

(Vigo, 1980) Estudiei Dereito Económico na UVigo. Fun axente comercial, dependente de ciber café e secretario. Dirixín unha PeME do sector servizos entre 2008 e 2011. Actualmente son axente inmobiliario e traballo na miña primeira novela. Columnista habitual en Noticias Vigo e na revista satírica Gurb, teño publicado tamén noutros medios coma a Revista Luzes ou Praza Pública.

Fun membro fundador do primeiro Círculo Podemos Vigo, no que ocupei a voceiría ata a elección dos Consellos Cidadáns en 2015. Fun Secretario de Municipalismo e Movementos Sociais do CCM de Vigo ata a súa disolución. Fun técnico da área de prensa de Podemos Galicia.

Estou vencellado aos colectivos sociais de Vigo, onde fago parte da Rede de Solidariedade Popular (RSP), colaborando no grupo de vivenda e exercendo a xestión de tesouraría.


Motivación

Creo que Podemos Galicia precisa deixar atrás as convulsións internas que afectaron á organización nos últimos anos e que derivaron nunha situación de importante debilidade. É preciso que esa dinámica non se repita nunca máis. A xente que me coñece adoita definirme como unha persoa de talante dialogante e actitude constructiva, características valiosas nun membro dun órgano colexiado. Do mesmo xeito, teño experiencia en negociación, derivada do meu traballo, que coido pode ser tamén un bo activo.

Por outra banda, vexo con tristura como na miña cidade, Vigo, a organización vibrante que eramos hai apenas tres anos quedou reducida a un só círculo barrial no que apenas participan unha ducia de persoas. Gustaríame pular por unha reconstrucción de Podemos Vigo que dea representación a todas esas persoas que seguen confiando en nós á hora de votar, pero que se sinten orfas dunha organización con capacidade executiva que sexa interlocutora e transformadora da realidade local.