Olga Dourado González


Olga Dourado González

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín fai 55 anos en Rianxo (A Coruña), lugar onde me criei e ao que acudo con frecuencia, aínda que vivo en Santiago de Compostela.

Son diplomada en Dereito pola USC e Directiva da Administración Pública pola Escola Galega de Administración Pública, así como Coaching (por ter cursado un Posgrado en PNL, Coaching e Liderazgo pola Escola de Negocios de Barcelona). Pertenzo ao corpo de Funcionarios de Administración Local con Habilitación de carácter Nacional (FHN), subescala de Secretaria – Intervención. En 28 anos de profesión estiven destinada en Concellos de variada cor política (A Baña, Corcubión, Zas, entre outros) ocupando na actualidade a Secretaría-Intervención do Consorcio para a Promoción da Música (A Coruña). Exercín tamén o posto de Técnico de Auditoría da área de Corporacións Locais no Consello de Contas de Galicia. A miña traxectoria profesional, complementada con multitude de cursos de especialización, fixeron de min unha profesional da Administración Pública experta en resolver problemas humanos dentro dun contexto normativo.

Xa en Podemos, participei no Círculo Podemos Compostela, onde colaborei na área de educación. Fun vocal da Comisión de Garantías de Podemos Galicia e, anteriormente, covoceira no grupo de opinión Mar de Fondo.

Inconformista e loitadora, defínome como unha persoa “traballadora, alegre, enérxica, sociable e cun alto grao de implicación nos proxectos nos que participo”


Motivación

Considerando que Podemos presentouse como unha ferramenta de empoderamento da cidadanía. Decidín dar un paso adiante e, como cidadá libre, saltar á area política, entendida como xestión da “cousa pública”. Por iso, gustaríame achegar os meus coñecementos xurídicos e de recursos humanos, así como a miña experiencia profesional para postularme ao Consello Cidadán Autonómico.