Natalia Prieto Fernández


Natalia Prieto Fernández

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Filla de galegos emigrados a Arxentina que tiveron que voltar pola morriña da terra. Nada en Bilbao fai 41 anos, educada por mulleres para ser independente economicamente, elas non querían que eu pasara pola súa situación. Feminista dende a infancia, rebelde e desobediente por vocación. Estudei Economía na Facultade de Vigo, na especialidade de Medio Ambiente e Recursos Naturais. Traballei no sector enerxético, asociativo e como non, tamén político; sendo Secretaria de Organización de Podemos Galicia nos últimos meses. Dende fai máis de 20 anos ando na loita dos que non teñen voz, loito polo benestar animal e polas persoas dependentes, polos avós e as avoas, polos nenos e as nenas e polos que sofren enfermidades físicas e mentais. O meu lema é que temos que coidar a nosa saúde mental que nestes tempos recibe moitos ataques por un sector político e institucional nada empático coa cidadanía.


Motivación

Podemos fixo de min un suxeito político que pensei que non existía, fíxome saír á rúa e foi a canle pola que conseguín levar as miñas reivindicacións ás institucións. Preséntome na candidatura de Carolina Bescansa sen condicións, para seguir na loita para botar a esta dereita actual das institucións; penso que Carolina terá a forza de facelo. Nos últimos anos en Podemos aprendín moito e ampliei os meus coñecementos do Sector Rural, tanto galego como nas políticas europeas; ampliei tamén coñecementos en organización de Partidos Políticos e grazas a iso coñecín as bases do noso partido en Galicia; persoas comprometidas coas que quero seguir traballando. A miña motivación é seguir aportando.