Marlene Pérez Sánchez


Marlene Pérez Sánchez

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín fai 34 anos en Lalín. Son arquitecta pola ETSAC e traballo dende fai anos como proxectista nun estudio de arquitectura e enxeñería. Tamén fixen traballos de deseño gráfico, de mobiliario e escenografía teatral.

Durante anos combinei os meus estudios e o traballo con dúas das miñas paixóns: a fotografía e o voleibol (no que cheguei a competir en categorías nacionais).

A maiores, formo parte da plataforma medioambiental Salvemos Catasós e da directiva do Círculo de Recreo de Lalín, dende a que desenvolvemos iniciativas de divulgación cultural.

Colaborei dende os inicios de Podemos Galicia na área de Territorio (infraestructuras, urbanismo e Medio Ambiente) e formei parte do CCA saínte coordinando o equipo da Secretaría de Economía e a Secretaría de Acción Institucional.


Motivación

Considérome unha persoa inquieta, con ganas de aprender e de mellorar cada día, e dende os meus inicios en Podemos, no círculo da miña localidade, sempre valorei a posibilidade de intercambiar experiencias, de debater e de construír de forma colectiva. Neste sentido interésame moito a aposta programática, o traballo coas problemáticas concretas, e entender Podemos como un espazo de oportunidade, onde poder perfilar, trazar e reimaxinar os camiños que corrixan o rumbo das políticas cortopracistas actuais. Vexo en Carolina á persoa capaz de liderar ese novo rumbo.