Maria José Rodríguez Rosales


Maria José Rodríguez Rosales

Lista

Máis Podemos

Biografía

MªJosé Rodríguez Rosales (Fini) Marín 1967.

A meirande parte da miña vida paseina intentando compatibilizar o disfrute de

criar as miñas fillas co meu traballo como autónoma do sector textil. Dende nena sempre me gustou a música participando en diversos colectivos, sobre todo no campo da música tradicional galega. De ahí paso a formar parte do grupo Avelaíña como cantante e pandereteira. Con esta formación gravo varios discos, realizo actuacións dentro e fora de Galicia, ademais de colaborar con outras formacións musicais.

Hoxe en día o activismo, as loitas sociais e a defensa do feminismo marcan o ritmo da miña vida.

Son voceira do Círculo Podemos Sanxenxo e formo parte da directiva de diferentes asociacións.


Motivación

Levo máis de catro anos colaborando en Podemos no Círculo de Sanxenxo, en diferentes sectoriales e grupos de traballo.

Foi un tempo de aprendizaxe e descubrimento. De confirmar que todas somos precisas nas loitas comúns, que se queremos que nos escoiten alto e claro os poderosos debemos cantar a coro e non en soidade.

Foi un tempo que tamén serviu para descubrir e recoñecer a grandes compañeiras e compañeiros. Estou segura de que a suma de todas nós acadará o Podemos que Galicia precisa.