Maria Del Mar Taboada Maroño


Maria Del Mar Taboada Maroño

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Biografía:Nada na Coruña. Estudiei Técnico en Administración e Secretariado Bilingüe de Dirección. Actualmente son Técnica Contable e fiscal nunha empresa privada. Fun autónoma durante 9 anos, rexentando unha axencia de viaxes. O Turismo responsable é a miña debilidade.


Motivación

Motivación: Galicia e a súa xente. Quero que a miña terra sexa punteira sen perder as súas tradicións. Quero unha sanidade de calidade para todas, quero que os nosos maiores desfruten a súa vida con dignidade, asistencia e sen problemas; quero que a nosa cultura non se perda, quero un traballo digno para todas, que nosos mozos e mozas non teñan que procurar traballo lonxe porque aquí non o teñen, que os nosos impostos revertan no importante para a xente. Quero…. quero…. quero… porque Galicia é a súa xente e a súa xente é Galicia.