Maria De La O Fernandez Gonzalez


Maria De La O Fernandez Gonzalez

Lista

Mais Podemos

Biografía

O meu nome é María de la O Fernández e son de Vilagarcía de Arousa. Estudei Maxisterio pola especialidade de Educación Infantil na Universidade de Vigo e, ao rematar, fixen a Licenciatura en Psicopedagoxía. Despois duns anos traballando de cole en cole como interina, de vivir en Xenebra catro anos, de ter estado dous en Madrid, este ano, aprobei o proceso de oposición pola especialidade de Lingua Francesa e voltei a Galicia. Actualmente son titora dun grupo de 5º de primaria nun pequeno colexio de Vilagarcía de Arousa.

http://facebook.com/maria.fernandezgonzalez.568

@mariola_fg


Motivación

A principal motivación desta candidatura é a convicción de que outra maneira de facer as cousas é posible, levamos anos vivindo unha situación que, a día de hoxe, xa se fai insostible. Debemos conseguir poñer as institucións ao servizo da xente, gobernar por e para todos. Facer unha política feminista, que consiga a igualdade e remate co machismo. Hai moitas cousas que se puxeron en perigo ata ahora: a educación, a sanidade... é preciso recuperalas e que volvan a ser servizos públicos de calidade.