Marcos Cal Ogando


Marcos Cal Ogando

Lista

Máis Podemos

Biografía

Participo do proceso de cambio político e de transformación social na primeira liña de acción dende o 15M, onde participei da acampada, formei parte da equipa de coordinación e fixen labouras de voceiro. Durante os últimos anos tamén participei moi activamente na asemblea das Marchas da Dignidade e Mobilízate Pontevedra, e colaborei con distintos colectivos como SOS Sanidade Pública ou Ence Fóra Ría. En Febreiro de 2014 sumeime a Podemos e participei do impulso do Círculo de Podemos Pontevedra, do que fun voceiro e despois membro do CCM. Traballei nas equipas de traballo do primeiro CCG e formei parte do segundo CCG. A día de hoxe son deputado de Podemos integrado no grupo de en En Marea no Parlamento de Galicia e milito no círculo de Podemos Pontevedra e participo no grupo de traballo municipal


Motivación

Participo destas primarias dentro da candidatura Máis Podemos para poder aportar no sentido de aunar forzas e consolidar a organización. Coido que os próximos anos de Podemos Galicia deben ser os anos da consolidación do proxecto e da unidade interna, os anos nos que Podemos volte a ser o actor fundamental do cambio en Galicia, moi necesario para acadar o cambio en Galicia e poñer as institucións ó servizo da xente, e os anos do fortalecemento das estructuras da organización, centrándo o compromiso no fortalecemento da participación, para recuperar a nosa forza, que non é outra que a da xente que empurra, e por iso é urxente consolidar e dinamizar os círculos territoriais e sectoriais e implementar ferramentas de coordinación e participación.