Manuel Villares Creo


Manuel Villares Creo

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín en Lousame. O meu pai traballou nas minas de volframio e era simpatizante da CNT. Comecei a miña militancia política aos 16 anos, aos 20 detivéronme e pasei un mes no cárcere da Coruña. Durante a miña estancia no cárcere coincidín cos detidos polo proceso dos 23 de Ferrol (1972).

Nos anos 70, xunto cunha ducia de compañeiros, fundamos as CCOO de Galicia. Teño unha filla que tivo que buscarse a vida fóra, agora, despois de moito esforzo, está a traballar nunha universidade do Reino Unido. Na actualidade, son patrón da Fundación 10 de marzo de CCOO e formo parte de Podemos colaborando na área de emprego e formación.


Motivación

O que me motiva a presentarme na candidatura de Carolina Bescansa é conseguir o desenvolvemento programático que defende e a construción dunha alternativa de goberno progresista en Galicia. Para levalo a cabo, considero que ela e as compañeiras que nos acompañan son o equipo máis indicado.