Manuel Lado García


Manuel Lado García

Lista

Máis Podemos

Biografía

Manuel Lado García (Cee, 1957)

Licenciado en Ciencias Económicas pola USC (1974/79)

Desenvolvín a miña actividade profesional dende o ano 1980 no eido da educación, onde ocupei cargos na xestión dos Institutos en que traballei como: Coordinador de Educación e emprego, Coordinador de Equipos de Normalización Lingüística, Xefatura de Estudos e Director. Os últimos 16 anos no IES Auga da Laxe de Gondomar, Concello onde resido, sendo responsable como Director da posta en marcha en Gondomar dos Programas Europeos Comenius, e do programa de intercambios anuais con institutos de Dinamarca, Francia e Alemaña.

PARTICIPACIÓN POLÍTICA E SOCIAL

Militancia no Partido Socialista Galego (PSG) na época Universitaria, en Santiago de Compostela.

Participación na creación da Marea Verde do Ensino, e en Mareas x la Pública.

Membro fundador, xunto con outras compañeiras do Círculo de Podemos en Gondomar, impulsando a candidatura de Gondomar Concello Aberto, xunto con IU, e Anova.

Participo na Comunidade de Montes de Couso, parroquia na que resido dende hai 27 anos, ocupando os cargos de Secretario, e na actualidade de Tesoreiro.


Motivación

Unha vez que o Ministerio de Facenda me declara como "Clases Pasivas" o 31 de agosto, estou ilusionado por participar nesta nova etapa no CCA, aportando a miña experiencia profesional na xestión de centros educativos.

Na miña opinión debemos traballar pola revitalización do partido en Galicia, recuperando xente valiosa que abandonou a militancia activa, e construíndo entre tódalas sensibilidades e correntes (haber hailas!!!) un Proxecto Político sólido para Galicia. Entendo que debemos repensar a estrutura organizativa, promovendo uns Círculos Municipais cuns órgaos executivos claros, en permanente retroalimentación coas distintas áreas do CCA, tendo como primeiro obxectivo conseguir máis Concellos para o cambio.