Manuel Ángel López Díaz


Manuel Ángel López Díaz

Lista

Máis Podemos

Biografía

Nacín en Outeiro de Rei (Lugo) no ano 1986. No 2004 trasladeime a Compostela para facer a carreira de Xornalismo. Obtiven a licenciatura, cursei un Máster en Comunicación e Industrias Creativas e traballei en medios de comunicación galegos e asturianos. Teño experiencia como community manager e responsable de prensa en diferentes entidades. Dende as prazas do 15M e os movementos sociais comecei a identificarme cos espazos e procesos de cambio. Dende o 2014 participo no Círculo de Podemos Compostela e fun membro do Consello Cidadán Municipal.


Motivación

O ciclo electoral que arranca no 2019 supón unha oportunidade histórica para consolidar os gobernos nas cidades do cambio e estender este cambio a máis concellos do noso país, á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado nos vindeiros anos. Preséntome no equipo Máis Podemos para garantizar que Podemos Galicia estea á altura dos retos que ten por diante e sexa un actor fundamental neste proceso dende unha organización dinámica, fortalecida e consolidada no territorio. Seguiremos poñendo toda a nosa intelixencia, todo o noso entusiasmo e toda a nosa forza para seguir demostrando que si se pode.