Mª José Bóveda Fernández


Mª José Bóveda Fernández

Lista

Máis Podemos

Biografía

Berciana de nacemento vivo en Compostela dende 1987. Son licenciada en prehistoria e arqueoloxía e teño o grado medio de piano. Realicei os meus cursos de doutoramento no departamento de Historia I da USC, onde tamén fun bolseira de diversos proxectos, realizando estadías noutras universidades e centros de investigación europeos. Traballo na arqueoloxía profesional dende o ano 1998.

Considérome unha muller feminista e politicamente comprometida. Estou convencida de que o municipalismo será a chave para o cambio político e social que necesitamos. Por iso traballo activamente en Compostela Aberta, na actualidade formo parte da súa coordinadora.


Motivación

As persoas que participamos nesta candidatura somos conscientes da urxencia e necesidade dun cambio en Galicia, cambio imprescindible para paralizar a deriva privatizadora, e de destrución de dereitos, na que estamos sumidas.

Considero que a candidatura na que participo, “Máis Podemos”, busca aunar forzas e consolidar a organización, para crear un proxecto que leve a Podemos Galicia a ser o actor fundamental dese cambio.