Mª Antonia Trillo Blanco


Mª Antonia Trillo Blanco

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín na Coruña. A miña infancia transcorreu nunha barriada, xogando na rúa, entrando e saíndo dos ranchos (antigas edificacións populares) e atravesando os túneles que cruzaban o barrio. Por aquel entón, aínda a Ditadura estaba a dar as súas últimas rabeleadas e esta situación, obrigoume a vivir desde moi nova un compromiso político sen volta atrás.

Estudei Psicoloxía e doutoreime en Socioloxía. Traballei en investigación social e tamén en docencia: impartín cursos de formación en igualdade e no máster universitario sobre Xuventude e Sociedade (USC).

Conto con experiencia en empregos interdisciplinarios e, durante algúns anos, traballei en xestión e investigación de proxectos europeos. Pouco despois de entrar en Podemos fun elixida a formar parte do CCM de A Coruña, mais tarde formei parte do CCA. Levei durante un tempo o área de Emprego e agora a Secretaría de Feminismos. En xuño de 2017 xunto con outras compañeiras puxemos en marcha o proxecto Acampa pola paz e o dereito ao refuxio.


Motivación

Preséntome na candidatura de Carolina Bescansa porque estou convencida que é a muller que ten que liderar o proxecto de cambio en Podemos Galicia. Entrei en Podemos cun sentimento, por aquel entón xeneralizado, de ilusión e alegría; sumándome a esta candidatura vólvese a palpar.

Con este programa as políticas de Feijóo teñen os seus días contados e como consecuencia, Galicia recuperará moitos dos dereitos arrebatados.