Luis Diaz Allegue


Luis Diaz Allegue

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Meu nome é Luis Diaz Allegue, natal de Lugo no 1990. Son enxeñeiro químico pola USC. Traballei como auditor enerxético en Belfast (Reino Unido) durante 2 anos, e máis tarde comecei a miña carreira na investigación no campo da enerxía fotovoltaica no Instituto de Enerxía Solar da UPM. Actualmente realizo o doutorado no campo da economía circular e a biotecnoloxía como profesor asociado na URJC. Son parte da Secretaría de Economía de Podemos Galicia, e responsable da área de enerxía. Fomentamos o empoderamento e a democratización da enerxía a través iniciativas como a Primavera Enerxética. Membro do círculo 3E en Madrid e da plataforma para un novo modelo enerxético. Tamén colaboro con ATTAC Madrid no grupo de Política Ecolóxica con charlas formativas. Cuando atopo tempo escribo nunha columna de opinión de Nova Revolución.

@Allegue


Motivación

Estou convencido de que Podemos Galicia é a ferramenta que necesitamos para mudar o noso país, sempre ombreiro a ombreiro co resto de formacións do cambio. Carolina Bescansa devolve a ilusión e o desexo de traballar co obxectivo de vencer a Feijóo e as súas políticas de recortes e desmantelamento dos servizos públicos.

Vou poñer todo o meu esforzo na creación dunha conciencia ecolóxica, na protección do noso patrimonio natural e na promoción de políticas que promovan un sistema enerxético público e 100% renovable. Somos a última xeración que pode facer fronte o cambio climático. Todas Xuntas Podemos.