Luca Chao Pérez


Luca Chao Pérez

Lista

Máis Podemos

Biografía

Nacín hai case 30 anos en Lugo, cidade na que vivín ata que con 17 anos me trasladei a Santiago de Compostela a estudar Ciencias Políticas. Onde me licenciaría en 2011, despois iría á Universidade da Coruña a estudar o Mestrado de Migracións Internacionais e comezar a miña tese doutoral sobre os descendestes do exilio republicano en México e Francia. Países nos que tras conseguir unha Bolsa FPI realicei diferentes estadías de investigación intercaladas coa docencia impartida na Facultade de Socioloxía. Ocupación á que me dediquei ata ser electa deputada nas eleccións autonómicas de 2016.

E aí levo dous anos como representante pero tamén como cidadá comprometida co cambio para recuperar o que era noso: a liberdade, a dignidade e o sorriso.

Podedes seguirme en https://twitter.com/LucaChao_ ou https://www.facebook.com/luca.chaoperez


Motivación

Explicar os motivos polos que presento a miña candidatura é tanto como explicar porque hai tres anos que din o paso para inscribirme en Podemos. Pensaba daquela e penso hoxe que Podemos é a mellor ferramenta para a o cambio social que precisamos. Unha ferramenta que para ser útil precisa seguir abrindo portas e ventás, sumando mans e ideas, sumando soños e conciencias. Porque penso que todas somos necesarias. Porque aínda que o ceo resultara estar máis alto do que parecía, síguennos sobrando motivos para intentalo todo. Porque si, xuntas, Podemos mudalo todo.