Lilmared Lourdes Escobar Castillo


Lilmared Lourdes Escobar Castillo

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín en Panamá, en anos da Ditadura onde a pesar das represións, a xente loitou por conseguir a liberdade e recuperar o que era noso. Entre manifestacións e loitas constantes polos dereitos, medrei nunha sociedade onde a política era “un mal” moi necesario. Apoiando campañas de nosa xente da man da miña nai que sempre nos ensinou que as loitas son unha constante para garantir os nosos dereitos, e que ir a mercar o pan é política, e por iso debemos estar alerta e ser coidadosos de protexer o benestar de todos. Son Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Panamá. Estudiei un postgrado en Estudos teatrais e un Máster en Audiovisuais na Universidade de A Coruña, onde vivo dende fai 15 anos. Son militante do círculo Podemos A Coruña onde traballei en varios grupos de traballo, entre eles creei o grupo de teatro Tótem dende onde levamos postas en escena con temática sociais, polos barrios da nosa cidade.


Motivación

Sempre tiven a vea da loita contra a desigualdade e polos dereitos. Creo que é o estado natural que debemos ter todas e todos. Estou convencida que esta candidatura é unha candidatura de ilusión, feminista, con forza e honestidade, por iso quero traballar xunto con este equipo e defender os dereitos dos nosos fillos, nosos pais, avós e avoas. Defender aos máis vulnerables e loitar pola igualdade. Estar nas rúas coas mulleres e esixir a nosa liberdade que é onde está a nosa forza e o noso poder.