Lidia López Arteaga


Lidia López Arteaga

Lista

Máis Podemos

Biografía

Veciña da Ribeira Sacra ourensá e, aínda que madrileña de nacemento, namorada do rural galego. Ao retornar a España despois duns anos emigrada, sentinme totalmente identificada co movemento 15 M, e en Podemos atopei a esperanza para loitar polo meu país, polas súas xentes e os seus dereitos. A miña participación en Podemos foi desde a creación do Círculo Podemos Ribeira Sacra, así como coas miñas compañeiras do Círculo Podemos Ourense na actualidade.


Motivación

No mundo rural, a pesar de todas as carencias e contradicións que ten (que son moitas), a contorna e os seus habitantes váleno todo. Merecen máis servizos, máis atención e, cada vez máis, unha política social elaborada e adaptada aos tempos actuais, que lles protexa de seguir converténdose nun deserto demográfico. O despoboamento é un dos problemas máis perentorios e prexudiciais, pois conta con moitos factores, como a falta de emprego, o peche de servizos básicos ou a deterioración do servizo de transporte público.

Agora volvemos ter a oportunidade de conseguir un Podemos Galicia forte como nunca. Espero que, desta maneira, Podemos Galicia se abra para falar por todos os inscritos, que nos represente nun proxecto de unidade, asegurándonos de que todos os pasos a dar entran no espírito de Podemos: con transparencia e non deixando a ninguén fóra. Porque aquí tamén se pode progresar. Si se pode!