Julia Torregrosa Sañudo


Julia Torregrosa Sañudo

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Son arquitecta por la ETSAB, Universidade Politécnica de Cataluña, e funcionaria da Consellería de Educación como profesora de ensinanza secundaria no IES de Poio (Pontevedra). Neste centro, entre outros, ocupei postos de secretaria, directora e xefa de departamento. Son experta en tecnoloxías da educación e do coñecemento por la UNED, y participei en diferentes programas de innovación educativa (embaixadora Edu-Glogster, INTEL Engage Teachers Community, programa Secciones Bilingües, Commenius), xunto a máis dunha decena de cursos de formación tanto en Galicia coma no extranxeiro.

Como docente, participei na equipa gañadora do concurso da Xunta dedicado a difundir o Día das Letras Galegas 2007, que homenaxeou a María Mariño. Formei parte da equipa que no año 2000 recibiu unha mención especial en los premios Giner de los Ríos polo traballo “La matemática. Un lenguaje universal”.

Son nai dun fillo e dunha filla. Amante do debuxo e do arte, filla de debuxante de BD, colaborei con editoriais estatais e internacionais e en exposicións individuais e colectivas. Encántanme a natureza e os animais.

Son membro do círculo de Pontevedra, do círculo sectorial estatal de educación e responsable do área de educación de Podemos Galicia e formo parte da Marea Verde do Ensino e Marea Verde por la Educación

Actualmente son deputada de En Marea no Parlamento galego, onde son cotitular das comisións de Economía e Pesca e colaboro en vivenda, urbanismo e educación.


Motivación

Un Podemos forte para derrotar a Feijóo, un Podemos feminista para atopar outras maneiras de solucionar os problemas de Galicia, dende a proximidade, dende a comprensión, escoitando e vendo a nosa xente, para conseguir gobernar, para poder facer realidade as nosas propostas nos servizos públicos, na calidade de vida, na enerxía, no traballo, para situar ao noso país no lugar que lle corresponde, un País punteiro, un modelo de futuro, onde quen se viu obrigado a irse poida volver.