Jose Manuel Romarís Cercós


Jose Manuel Romarís Cercós

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Son Jose, un mariscador, filólogo e tradutor nado en Terrassa (Barcelona) e residente nos arredores de Noia (A Coruña). Elixíronme para ser coordinador do área de mar na Marea Cidadá de Noia e son secretario en Plademar. Ademais milito en Podemos, na Marea Cidadá de Noia e na Marea, todos dende os seus inicios; tamén formei parte de Democracia Real Xa, organizando a manifestación do 15M e participei na Acampada de Barcelona.


Motivación

Preséntome ao Consello Cidadán porque quero:

- Parar a lei de acuicultura do PP.

- Parar os pés ás empresas que contaminan.

- Acadar co machismo asasino e coas agresións ao colectivo LGTBI+.

- Evitar a emigración da xente nova e o despoboamento do rural.

- Reverter a eucaliptización e protexer o bosque autóctono.

- Transformar o país para que poida enfrontarse ós problemas derivados do cambio climático.

- Reverter os recortes salvaxes na sanidade e en educación.

- Crear un Consello Audiovisual independente que rexeite as malas prácticas e protexa ás e ós periodistas.

- Lograr unha democracia directa.

PS: O crecemento infinito é unha utopía; hai que xerar un novo modelo.