Jose Manuel Prieto Martinez


Jose Manuel Prieto Martinez

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín en Vigo en 1976. Son licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra. Autónomo aos 22 años, cando puxemos en marcha un periódico gratuíto universitario que algún veterano recordará “Cum Laude” que se repartía nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra. Despois de uns anos marchei a Madrid onde desempeñei distintos postos comerciais ata que volvín a poñer en marcha un proxecto de comunicación que tras un bo inicio acabou converténdome en emprendeudor. Volvín a Galicia onde traballei como comercial dende porta fría a telemarketing e un ano descargando peixe na factoría de Pescanova en Chapela, ata que entrei como responsable de comunicación e comercial nunha importante promotora inmobiliaria, que a crise acabou por levarse por diante. Aproveitei ese paro para terminar a miña primeira novela, “Ni la belleza salvará al mundo” que o Grupo Planeta publicou no seu selo dixital “click ediciones”. Estaba escribindo a segunda cando o furacán de ilusión que nos trouxo Podemos me levou un pouco por diante e acabei sendo secretario xeneral de Podemos Vigo. No derradeiro ano fun responsable de comunicación de Podemos Galicia.


Motivación

A miña avoa gran dependente, e as avoas de moitos que tras traballar toda a súa vida non ten acceso a unha residencia pública. A miña outra avoa, e as avoas de moitos que con 90 anos tivo que emigrar para que a coidasen. A miña nai, é as nais de moitos, que gañou liberdade a cambio de precariedade co seu divorcio, e agora ten un contrato a media xornada como asistente do fogar para cotizar para a súa pensión; despois de criar tres fillos e non deixar un ano sen facer a vendima. A miña irmá, é as irmás de moitos, activista dende os dez anos cando alzaba a súa voz para pedir igualdade e que hoxe ten que decidir cada día entre a súa familia e a súa carreira profesional. O meu irmán, é os irmáns de moitos que tras moito traballo e esforzo para levar adiante o seu pequeno negocio, quizá teña que emigrar ante a voráxine dos de enriba que non deixan nin un pouco para que a xente do común poida vivir dignamente. Motívanme os meus sobriños, é os sobriños de moitos, que teñan un país con futuro, aberto, no que ninguén se quede atrás e no que podamos desfrutar dun domingo de cocido coa nosa xente con moito humor galego e poucas preocupacións. Motívame Carolina Bescansa e poder abrir ao seu carón unha nova etapa para Galicia, e para os galegos e galegas. Motívame Carmen Santos, a súa inquebrantable capacidade de traballo e a ilusión que transmite. Motívame a xente, gústame escoitar e pensar solucións para os problemas grandes e pequenos. Motívame que o futuro de Galicia poda ser hoxe 😉