Genma Otero Uhía


Genma Otero Uhía

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín en Portonovo (Sanxenxo) (1971) e levo vivindo no Concello de Ames 24 anos. Estudei na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e son Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais (Especialidade Finanzas). Comecei a traballar en 1997 nun Centro Especial de Emprego como responsable do Departamento de Administración, e dende o 2002 son funcionaria de carreira da Xunta de Galicia desempeñando diferentes postos nos departamentos de Contratación, Coordinación Orzamentaria e Administrativa, Persoal, Intervención e Xestión Patrimonial. Na actualidade estou en situación de servizos especiais por desempeño de cargo público. Fundadora xunto con outras compañeiras do Círculo Podemos Ames, ex-membro do CCM e ex–secretaria municipal do círculo. Desde xullo de 2015 asumo a 1ª Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Economía e Facenda no Concello de Ames con responsabilidades nas áreas de Intervención, Tesourería, Contratación e Patrimonio Municipal, así como a portavocía do Grupo Municipal Contigo Pódese, agrupación de electores que xurdiu do Círculo Podemos Ames, e coa que estamos cogobernando xunto co PSOE e BNG.


Motivación

Quixera continuar traballando na procura de mudar o espazo político e reivindicar o importante papel das mulleres feminizando a política. A experiencia destes 3 anos de goberno no noso Concello amosounos que SI SE PODE, cunha xestión pública transparente, honrada, eficaz e eficiente, dispoñer dos recursos para mudar as políticas e seguir a loitar por achegar as institucións ao pobo para que sexan espazos abertos de participación cidadá, onde se primen as políticas socias, se recuperen e melloren os servizos públicos (Educación, Sanidade…), se instauren medidas de igualdade e xustiza social, se implanten políticas medioambientais sostibles a través dun modelo de transición enerxética, se aposte polo I+D, se reformule o sistema produtivo e o mercado laboral… Todo isto a través de procesos de participación e construción colectiva, en espazos de encontro cos distintos actores da sociedade civil, do tecido asociativo, dos movementos sociais… dando resposta as súas demandas a través da actuación política no noso pais.