Francisco De Asis Pardo Senin


Francisco De Asis Pardo Senin

Lista

Máis Podemos

Biografía

Nacido na Coruña en 1977; licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña, con máster en Traballo Social, Estado do benestar e Metodoloxías de intervención social pola UNED.

A maior parte da miña vida laboral transcurreu no sector do telemarketing, do mesmo xeito que a doutros moitos coruñeses da miña xeración. Desde moi novo intereseime pola política e os conflitos sociais, participando activamente en numerosas mobilizacións cidadás; o meu compromiso social levoume a desempeñar durante 3 anos as funcións de representante sindical.


Motivación

Cando apareceu Podemos, animeime a incorporarme ao círculo da Coruña no verán de 2014, ilusionado de atopar ao fin unha ferramenta política de empoderamento cidadán, que verdadeiramente representaba aos de abaixo.

No 2015 fun elixido polas inscritas como membro electo do CCM da Coruña, desempeñando no mesmo as funcións de Secretario de Análise Política ata que decaeu o órgano a finais de 2017. Preséntome a este proceso de primarias con toda a ilusión de poder achegar o mellor de min, para conseguir un Podemos Galicia forte e gañador, que lidere o espazo galego do cambio.