Francesco Bertussi


Francesco Bertussi

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Francesco Bertussi.

Biografía: (Brescia, 1969). Estudei Dereito na Universidade de Padova (Italia). Santiagués de adopción despois dunha beca Erasmus. Desenvolvín unha variedade de traballos como técnico de son e audiovisuais en congresos, técnico en instalacións eléctricas, fontanería, sendo o último traballo nun concesionario de vehículos.


Motivación

Facendo memoria da motivación que fai 4 anos me levou a Podemos lembro que escribira o seguinte: “…o que esta crise evidenciou é que as regras do xogo político están ó servizo dunha minoría, non sabendo blindar uns dereitos sociais básicos ata o momento incuestionables(…), xa non chega con queixarse, aínda que a protesta sexa o primeiro paso, esta debe dar lugar á acción”. Pois ben, por iso estou aquí, porque os primeiros pasos cargaranse aínda máis de valor se sabemos darlles continuidade no tempo: facer un camiño, un proxecto e ó mesmo tempo conseguir ser as vixías dos logros conseguidos. Porque hai partidos que en aras dunha suposta modernización, dun suposto avance económico, socavaron dereitos, e teñen a Podemos en fronte para dicirlles que non todo vale. Agora é o momento de tomar as rendas, mostrarnos como a verdadeira alternativa e darlle voz á sociedade galega. Pode ser que os cambios tardaran en chegar, pero unha vez que empezan non pode haber volta atrás. Hai que continuar dando pasos firmes e certeiros. Comezou o cambio nos Concellos e debe chegar ata a Xunta de Galicia.