Faustino Rodríguez Gesto


Faustino Rodríguez Gesto

Se presenta a:

Círculo que avala su candidatura:

Circulo Podemos A Coruña

Biografía

Chámome Faustino Rodríguez (Tino Gesto) e teño 60 anos, son militante de Podemos Galicia no Círculo Podemos A Coruña. O meu espertar da conciencia política remóntase ao ano 72 por mor dos asasinatos de Amador e Daniel e da represión sobre os traballadores e a poboación en Ferrol, moitos deles amigos. A miña militancia política iníciase na clandestinidade da man dalgúns compañeiros hoxe en día tamén militantes de Podemos Galicia.
A miña vida laboral desenvólvese no campo das telecomunicacións, onde desempeñei funcións tanto en postos base como de alta responsabilidade.


Propuesta de actuación

A miña motivación para presentarme a estas eleccións non é outra que reverter a actual situación de illamento e desmostaxe dos círculos de Galicia.

Existe un Podemos de xente que quere Ser, un Podemos formado polos compañeiros e compañeiras que teñen unha visión política máis centrada no exercicio do poder e na forma de acceder ao mesmo para poder cambiar as cousas.

Pero tamén existe un Podemos formado por xente que só quere facer, que só desexa participar no noso proxecto no día a día. O lugar onde atopamos a esta xente non son os consellos nin os Gobernos nin os parlamentos, senón os Círculos, eses espazos que os nosos estatutos definen como agrupacións voluntarias e abertas de persoas que converxen a partir do seu interese polo cambio, e que se sustentan na democracia e na participación. O círculo de Podemos, ademais de ser un espazo amigable e cómodo, debe ser eficaz.

Para cumprir estes obxectivos, os círculos deben deixar de permanecer illados uns doutros, as experiencias exitosas, os procedementos, as ideas, os recursos, deben fluír de maneira permanente entre uns e outros para que a intelixencia colectiva que entre todos representan poida despregar a súa eficacia.

Partindo desta ideas, a miña conpromiso como candidato é loitar no seo do CCA para consegir uns circulos fortes coesionados que xeren sinerxias que nos unan e reforzen.