Fabiana Beatriz García Porto


Fabiana Beatriz García Porto

Lista

FUTURO CON GARANTÍAS

Biografía

Nada en Bos Aires o 2 de agosto de 1964, filla de emigrantes galegos que retornaron á súa terra natal no ano 1981. Desde entón vivo en Chantada (Lugo). Casada e cun fillo. Pertenzo e son militante do Círculo Podemos Chantada dende a súa fundación. Participante activa nas diferentes campañas desde as eleccións europeas do 2014, nas que fun apoderada.

Traballei como autónoma case toda a miña vida, nun primeiro momento rexentando unha cafetería para posteriormente ter unha pequena tenda de roupa que tiven que pechar en plena crise. Actualmente traballo como empregada do fogar.


Motivación

Son moitas as motivacións que me levan a dar este paso. Primeiro, a necesidade de cambio, de evolución, nun sentido amplo; que necesita a nosa terra e polo que loitarei con todo o meu esmero. Segundo, por ter a oportunidade de mellorar a vida cotiá das miñas veciñas e veciños xa que, por motivos persoais, coñezo de primeira man as necesidades sociais que pode ter unha familia desfavorecida. E terceiro, pero non por iso menos importante, porque creo en Carolina Bescansa, xa que considero que é a persoa máis válida para coñecer e resolver os problemas de todas as galegas e galegos. Como muller, estou segura de que terá a sensibilidade suficiente como para poder introducir este "prisma" dun modo transversal en todas as políticas que levemos a cabo.