Enrique Fojo Duran


Enrique Fojo Duran

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín en Redondela en 1978. Tralo remate da EXB comecei a traballar en canto tiven idade para facelo. Atendendo ás necesidades dunha familia numerosa. Actualmente traballo como barbeiro, aínda que teño varios oficios e a experiencia de rexentar dous negocios ás miñas costas. Colaborei na fundación do círculo de Podemos Redondela e como consecuencia da miña implicación no círculo durante estes anos, agora exerzo de concelleiro non adscrito no concello de Redondela


Motivación

Aínda que pasei varios anos explicándolle a miña avoa (que non sabía ler non escribir) como eran os programas electorais de cada partido antes das eleccións, considerábame un desilusionado máis ata que o espírito do 15M e a aparición de Podemos espertaron en min as ganas de mudar as cousas.