Eduardo Martínez Nieto


Eduardo Martínez Nieto

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín nun pobo chamado Lago (Valdoviño). Son enxeñeiro pola UDC e traballo dende fai anos como docente de formación en enerxias renovables e de instalacións, compaxinado coa realización de proxectos (autónomo). Compaxino o traballo coa colaboración en campamentos e monitor de equipos de base de varios deportes. Durante anos practiquei e fun monitor de diferentes deportes como fútbol sala, piragüismo, voleibol… Levo xa un tempo colaborando con Podemos en tentar trocar a forma de facer política, formando parte de diversas áreas de traballo coma economía, educación, coordinación...


Motivación

Creo neste proxecto e que temos por diante un momento histórico en Galicia para tentar sacar o PP dos distintos concellos e da Xunta, e facer as políticas para a xente, colaborando coas distintas plataformas sociais e expertos. Coñezo a Carolina dende fai uns anos e sei que é a persoa que precisamos para dar un paso mais en Galicia e poder, coa suma de todos e todas, facer o proxecto que ilusione de novo a xente e que sexa totalmente integrador.