Daniel Liceras Pascual


Daniel Liceras Pascual

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín en Ourense en 1970. Casado e con dous fillos.

Xa de ben pequeno gritaba no coche cos meus pais e as miñas irmáns “celulosa non, celulosa non” o pasar ao carón da Marisma de Lourizán. Aquelo cheiraba moi mal a finais dos anos setenta.

Co paso dos anos, e logo de licenciarme en Ciencias Físicas, comecei a traballar nos noventa primeiro nun obradoiro de emprego na restauración de rutas de sendeirismo en cursos fluviais para logo continuar formándome como conselleiro de seguridade ADR e RID e traballar en xestores de residuos industriais e urbanos. Finalmente din o salto á consultaría ambiental onde levo dende o ano 2004.

Durante 2014-2018 fun responsable de Medio Ambiente de Podemos Galicia e dende o último ano coordino o grupo de traballo de residuos e chans contaminados a nivel estatal.


Motivación

Súmome á candidatura de Carolina Bescansa porque me convenceros as súas palabras de “traballar para gobernar e transformar o modelo produtivo, facer a transición enerxética e modificar o mercado de traballo para reverter os procesos de precarización”. Entrei en Podemos coa ilusión de que esta era a ferramenta do cambio político nun momento histórico de rescate social e de cambio da nosa relación coa natureza. Carolina volve a espertar esa ilusión cun proxecto político galego e para as galegas.