Cristina Laya Miguélez


Cristina Laya Miguélez

Lista

Máis Podemos

Biografía

Nacín en Arzúa no 1978. Nai. Feminista. Diplomada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Formación e Orientación Laboral e en Mediación Xuvenil. A miña traxectoria profesional está vencellada aos servizos sociais, onde traballei en ámbitos tan dispares como mocidade ou dependencia. Na actualidade traballo coa terceira idade. A loita pola xustiza social é un camiño fundamental na miña vida. Un camiño que percorro acompañada de principios que considero fundamentais, a decencia, a responsabilidade, a humildade... un camiño que percorro dende abaixo, á esquerda.


Motivación

Súmome a este proxecto con ilusión e responsabilidade. Ilusión e responsabilidade para recuperar un proxecto político no que a democracia interna, a transparencia e a participación sexan os eixes fundamentais para a reconstrución de Podemos Galicia. É unha necesidade da organización traballar para conseguir un podemos forte e unido de cara aos retos que se aveciñan. Un Podemos que sexa o motor do cambio en Galicia. Un motor do cambio real, aberto á cidadanía, a que os círculos tomen o protagonismo, a que a xente tome a palabra. Un Podemos que sexa o camiño que achegue as demandas e necesidades da cidadanía ás institucións. Un Podemos do que sentirse orgullosas e que axude a construír un futuro decente para o noso país. Un Podemos cheo de humildade, con máis xente, máis unidade, máis igualdade, máis diversidade... Un Podemos que sexa Máis Podemos! Será!