Consuelo Rivadulla Rodriguez


Consuelo Rivadulla Rodriguez

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nacín na Estrada no ano 1964, lugar onde vivo actualmente. Estudiei Psicoloxía na USC, onde tamén realicei os cursos de doutoramento aínda que coa tese sen rematar. O meu traballo desenvólvese no ámbito dos servizos sociais, traballando como técnica dos servizos sociais comunitarios no concello de Cuntis dende o ano 1995. Tamén me especialicei como axente de igualdade e, tanto a nivel laboral como persoal, a miña actividade está na liña da loita pola consecución dunha calidade de vida digna para todas as persoas, especialmente dos colectivos mais desfavorecidos, traballando por conseguir unha sociedade mais xusta e igualitaria, respectuosa con todas as persoas, os animais e o medio ambiente.

Dende moza participei activamente en diversas asociacións, sendo actualmente as máis representativas: Asociación profesional de axentes de igualdade galega (APAIOGA), Federación estatal de asociacións de axentes de igualdade (FEPAIO), colectivo feminista de Pontevedra, con cargos nas respectivas directivas.


Motivación

Considero que Podemos representa os ideais que eu defendo, e formando parte do CCA de Podemos Galicia podería axudar a que os p derincipios de igualdade, xustiza social ou solidariedade sexan prioridade na axenda política do novo Consello Cidadán Galego.

Formar parte desta candidatura representa para min a oportunidade de demostrar que é posible facer política pensando nos intereses e necesidades das galegas e os galegos, de construír unha sociedade desenrolada e solidaria coas persoas e co planeta, e que a igualdade de oportunidades, ademais de ser un dereito sexa unha realidade.