Carmen Santos Queiruga


Carmen Santos Queiruga

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nada en Queiruga, Porto do Son (A Coruña) no 1981. Resido actualmente en Vigo. Deputada e vicevoceira de En Marea no Parlamento Galego.  Politóloga licenciada na USC e funcionaria do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC de Vigo. Filla e neta de mariñeiros, estudei na escola e universidade públicas. Rematada a carreira, ao ano seguinte aprobei a miña primeira oposición na Administración xeral do Estado, obtendo o meu primeiro traballo como empregada pública en Barcelona na Subdelegación do Goberno-Oficina de Estranxeiros. Estiven tamén uns meses no Departamento de Traballo da Generalitat de Cataluña e despois concursei a Madrid, onde obtiven destino na Subdirección Xeral de Xestión Económica e Orzamentaria do Ministerio de Ciencia e Innovación. Aos poucos meses trasladeime ao gabinete ministerial do citado ministerio como persoal funcionario adscrito ao dito gabinete. Ao ano e medio aprobei a miña segunda oposición no CSIC e volvín a Galicia de maneira definitiva para realizar neste organismo público de investigación labores de axuda á xestión de I+D+i.


Motivación

Son unha das indignadas que se fartou de estar enfadada no sofá ante a corrupción, o autoritarismo e os recortes de dereitos do bipartidismo. Podemos foi o único proxecto que me sacou da casa porque creo firmemente na xente normal facendo política fronte aos que non fan política para nós. Creo na democracia na súa máxima expresión e na liberdade. Creo que hai que construír un mundo mellor en cooperación, solidariedade e fraternidade comezando polo miúdo, pola túa propia vida, casa, parroquia, vila, cidade, aldea… e así contribuír a construír un Estado mellor para todas e a unha Galicia máis xusta para a súa xente.  E nisto me deixo a pel.