Bieito Cambeiro Porrua


Bieito Cambeiro Porrua

Lista

FUTURO CON GARANTÍAS

Biografía

Nacín o 12 de agosto de 1995. Son de Santiago de Compostela. Son graduado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e teño o título de máster en Marketing, Consultoría e Comunicación Política pola mesma Universidade.

Formo parte do Círculo de Podemos Compostela e colaborei con PODEMOS Galicia na elaboración de propostas e documentos, ademais de nas distintas campañas e iniciativas que tiveron lugar durante estes anos.


Motivación

A pesar de ser un neno por aquel entón, lembro as manifestacións do Prestige como o meu primeiro momento de interese pola política e pola xustiza. As imaxes da nosa costa tinguida de negro e as rúas de Compostela cheas de xente ao berro do Nunca Máis! deixaron o pouso que anos despois me fixo entender que había cousas que unían á xente e polas que valía a pena loitar.

O nacemento de PODEMOS para as eleccións europeas facían ver a aparición dunha ferramenta para mudar as políticas de recortes que estábamos a sufrir. Nese espazo coincidíamos todas as persoas que levábamos anos berrando nas rúas polos dereitos sociais, e moitas outras que sentiron o despertar político con ilusión.

Gústame o debate, a confrontación de ideas e a xustiza. Presento a miña candidatura á Comisión de Garantías Democráticas Autonómica para poder poñer todo o meu potencial ao servizo dos inscritos e das inscritas de PODEMOS Galicia que son, en definitiva, o motor da organización.