Begoña Hermida Pérez


Begoña Hermida Pérez

Lista

Eu ❤ Futuro Para Galicia – Equipo Carolina Bescansa

Biografía

Nada en Ares no ano 1968, vivo en Ferrol dende os 5 anos. Medrei na Galicia de "Fariña" e da reconversión industrial, vendo con admiración ás nais coraxe que se enfrontaban aos narcotraficantes, e vendo tamén aos obreiros que defendían os seus postos de traballo cos que compartín ombreiro con ombreiro moitas manifestacións. A principios de 2001 emigrei a Cataluña, comunidade que me acolleu cos brazos abertos e na que permanecín durante 14 anos. Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Salamanca no ano 1992. Arqueóloga de profesión dedícome ás escavacións de urxencia. Colaboro coa A.R.D.F. desaparecidos dende o ano 2012, achegando os meus coñecementos para devolver a dignidade aos represaliados do Franquismo e ás súas familias.


Motivación

A pesar de estar sempre involucrada en movementos sociais, nunca militei en ningún partido porque ningún respondía as miñas inquietudes, ata que, alá polo 2014 empecei a ver por internet a un mozo que dicía cousas moi interesantes e que ían na liña do que eu pensaba, e así nas Europeas cheguei a Podemos, porque pensaba, e sigo pensando, que é a única ferramenta que pode facer que as cousas muden, porque aquí en Galicia é a única opción de cambio que pode conseguir sacar a Feijóo da Xunta e aos seus gobernos dos Concellos. Galicia non pode seguir desaparecendo social e economicamente baixo o goberno do PP. Formo parte do Circulo Podemos Ferrol dende o 2014