Antonio Manuel Villanueva Area


Antonio Manuel Villanueva Area

Se presenta a:

Círculo que avala su candidatura:

circulo podemos sanxenxo

Biografía

Actualmente xubilado, traballei na ONCE vendendo o cupón e impartindo clases de música e informática en varios colexios públicos de Galicia. Sigo practicando o meu hobby, a música, compoñendo e grabando e adico tamén unha boa parte do tempo libre que agora teño a tentar arranxar os problemas que estamos a vivir dende a miña posicion como militante de Podemos

Visita as miñas redes en:
-> https://www.facebook.com/AntonioVilla964
-> https://twitter.com/antonio_villa9


Propuesta de actuación

Temos que avanzar no afianzamento dos círculos activos, na extensión da rede de círculos e no aumento da implicacion destes coas institucións e colectivos sociais porque potenciar os círculos é fortalecer Podemos.

Para iso haberá que visitar os círculos activos, realizar charlas, actividades e encontros nos municipios onde ainda non temos implantación é crear rede municipalista. Precisamos ampliar a nosa base social con este tipo de actuacións, mediante encontros comarcais ou provinciais. Tamén é preciso iintensificar a relación coas nosas parlamentarias, colaborando de forma estreita cos distintos colectivos e problemáticas sociais. Unha forma de avanzar nesa verticalidade institucións-a_pe_de_rúa é mediante a creación de círculos sectoriais abertos que sirvan de axuda ao traballo parlamentar á vez que se os seus membros participan nos distintos colectivos sociais de Galicia.

E, sobre todo, o máis importante e escoitar e recoller as suxestións dos compañeiros e compañeiras, que son os que realmente coñecen o que necesitan e o que necesitamos para seguir medrando como organización..