Ana Pérez Fernández


Ana Pérez Fernández

Lista

FUTURO CON GARANTÍAS

Biografía

Nacín en Vigo o 6 de novembro do 1975, son licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1998, e teño o curso de posgrao en mediación pola universidade San Pablo CEU no 2014. Tras preparar oposicións a xuíz e fiscal decidín que quería traballar en Vigo. Fun avogada asalariada, logo avogada autónoma dependente e finalmente, no ano 2013, xa con solvencia profesional, abrín con moita ilusión e reconfortante éxito o meu propio despacho en Vigo (http://www.anaperezavogada.es) especializada nos eidos de Dereito Administrativo (sobre todo urbanismo) e Dereito de Familia que constitúe actualmente o meu medio de vida. Son tamén avogada da quenda de oficio.

No eido social fun avogada colaboradora en Vigo do movemento 15M, fun nadadora voluntaria do AMFIV e actriz na compañía "Faísca teatro" ligada ao local social Faísca.

Ex-presidenta da Comisión de Garantías nomeada polos compañeiros tras ser a máis votada nas primarias para ese órgano ata que dimitín tras denunciar polas vías internas as graves irregularidades que se cometeran. No Consello Autonómico saínte fun Secretaria de Equidade e Xustiza Social de Podemos Galicia.


Motivación

A miña motivación é traballar sen perder o sorriso que me caracteriza para defender dende a comisión os dereitos das inscritas e os principios do partido para axudar así a seguir construíndo un Podemos Galicia serio que teña a forza necesaria para defender os dereitos das galegas e dos galegos dándolle voz a cada inscrita e inscrito de maneira que o partido entre na Xunta de Galicia coa posibilidade de implantar as políticas de Podemos e eliminar as políticas do PP que aniquilan os nosos recursos, levan os beneficios fóra da nosa terra e danlle as costas á xente. Motívame esta candidatura porque as compañeiras e compañeiros engloban todos os sectores de Galicia e de Podemos (avogadas, mariñeiros, enxeñeiros, educadoras sociais, representantes dos círculos, activistas; en definitiva: traballo, experiencia, formación e sobre todo ilusión). Un conxunto de persoas que remamos xuntas e ilusionadas para levar o barco de Podemos Galicia cara ao destino de dar voz á xente e levar o que esa voz pregoa ao máis alto posible.

Quero pór os meus coñecementos, a miña experiencia, a miña rectitude e a enorme ilusión que teño polo cambio ao servizo desta Galicia que tanto amo, a través deste partido.

Defender a terra que levo no corazón para unha Galicia forte cun Podemos Galicia serio.